Avance da programación

La Voz

CARBALLO

CARMELA QUEIJEIRO

23 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

d0 31 de agosto ao 4 de setembro

DE 10.00 A 14.00 HORAS. Burbullas científicas, literarias e artísticas. Polo Couto pasarán as contadas de Vero Rilo; as viaxes mariñeiras de Xurxo Souto; a literatura de Yolanda Castaño; o rock&roll de Laura Romero e Pakolas; a música de Orquestra; os obradoiros teatrais, de Lucho Penabade na lembranza de Mourelle de la Rúa; os talleres científicos, conferencias e espectáculos Festiciencia da man de Ceo Aberto; as arquitecturas de Palitroques nas que terá cabida a figura de Domingo Antonio de Andrade; as intervencións dos profesores Carracedo, Rabuñal e Mariño...

A PARTIR DAS 18.00 HORAS. O luns 31, ciencia a cargo de David Ballesteros. O martes, instrumentos con X. L. Romero e Pepe Vaamande. O mércores, coa artesá Elena Ferro. O xoves, Saberes de muller, documental de Omar Rabuñal. O venres, Aldeas Singulares, foro de propostas sobre o rural: como convidados, Fundación Brandomil; Asociación Parroquial de Berdoias; directora da banda municipal infantil de Xinzo; directora de Familia, Infancia e Dinamización demográfica; Fundación Uxío Novoneyra; Fundación Santa María la Real; Jaime Izquierdo, Fundación Juana de Vega e Óliver Laxe.

sábado 5 de setembro

18.00 horas. Concerto de Sés. Na eira da sede da Fundación Eduardo Pondal, con aforo moi limitado, e ao abeiro da Rede Cultural dea Deputación. As entradas deben mercarse de forma anticipada, online, en Ataquilla.com, a un prezo de 6 euros.