Fernando Blanco de Lema, eterna gratitude

DARÍO AREAS DOMÍNGUEZ

CARBALLO

Ana Garcia

Botaron a andar dun xeito ben diferente, cunha proxección, as festas da Xunqueira de Cee: así foi

15 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Polas circunstancias que estamos a vivir este ano, o inicio das Festas da Xunqueira fíxose dunha maneira diferente e especial: unha proxección sobre a fachada do Museo Fernando Blanco, na que o filántropo ceense foi o gran protagonista. Fernando Blanco de Lema, interpretado maxistralmente polo actor Toño Casais, recobrou “vida” e, douscentos once anos despois da súa partida, volvía á súa querida vila, percorrendo as súas rúas e visitando os dous edificios froitos do seu legado.

Volveu a un Cee que en nada se parece ao que os seus olliños de neno viron por última vez no ano 1809. Aquelas imaxes de terror derivadas da chegada das tropas francesas de Napoleón, de seguro, non saíron nunca da súa cabeza. Difícil esquecer tamén, e mais sendo un meniño, tempos complexos, de penurias e necesidades, de fame e de tristura, que fixeron que miles de galeg@s tiveran que tomar a máis dura das decisións: deixar atrás todo o que querían por tratar de buscar un vida mellor lonxe da terra.

Estas vivencias e lembranzas foron determinantes para que el, e moitos outros, tiveran o firme propósito de aportar o seu gran de area para que as súas vilas de orixe tiveran un futuro mellor do presente que lles tocara vivir. Así o fixeron, de xeito individual ou a través das Sociedades Galegas de Instrución, financiando a construción de mais de trescentas escolas que dotaron ao país da primeira rede de edificios escolares deseñados e construídos para acoller con dignidade a tarefa docente, equipándoas ademais, cun mobiliario e material escolar que resultaba pouco común nas escolas rurais daqueles tempos.

Ana Garcia

Un dos feitos diferenciables entre Cee e o resto de vilas e pobos da Costa da Morte radica na existencia dunha institución coma a que leva o nome do fundador. Contar cunha entidade que xogou un papel tan decisivo no desenvolvemento educativo, cultural e social da contorna só estaba, a finais do século XIX, ao alcance das grandes cidades.

No medio da atrasada situación que caracterizaba ao rural galego, erguéronse en Cee dous maxestosos edificios (Instituto e Escola das Nenas), sostidos por unha entidade modélica, que loitou contra este triste panorama proporcionándolle á veciñanza as mais poderosas armas. O nome desas armas comeza, curiosamente, coas tres letras que forman o nome da nosa querida vila: Cultura, Educación, Ensino. Galicia en xeral, e Cee en particular, ten e terá unha débeda impagable co altruísmo e xenerosidade dos fillos que, obrigados, deixárona atrás, pero que, ao mesmo tempo, demostraron que a levaban no mais profundo do seu corazón. Foron conscientes, e de que xeito, de que educación e cultura eran os piares nos que debía asentarse o futuro desta nosa terra, e o caso de Fernando Blanco de Lema é un dos mais claros exemplos.

Darío Areas é técnico do Museo e secretario da Fundación Fernando Blanco

Ana Garcia

«Necesitamos reivindicar o noso, celebrar o que nos une»

P. blanco

No faltaron en la jornada inaugural de estas Festas da Xunqueira las palabras de la alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, quien animó a «reivindicar o noso», a celebrar «o que nos une» y a «emocionarnos». Aludió a las circunstancias excepcionales y, también, a las medidas de seguridad. «Cee mantivo forte as súas constantes vitais», aseveró sobre el dificultoso tiempo que se afronta, agradeciendo a sanitarios y a fuerzas de seguridad. Su intervención fue elogiada por el director científico del INIBIC, el reumatólogo ceense Fernando Blanco, para el que ella tuvo también cariñosas palabras. Blanco representó «a uno de estos hijos de Fernando Blanco, fruto del legado que ha dejado», fruto del foco de enseñanza y conocimiento que posibilitó. Habló de Cee como referente para la comarca y Galicia, por su potencial educativo: «La Escuela de las Niñas. Ahí nació Fernando Blanco y yo también. Mi nacimiento académico está ahí».

El programa para hoy

  • 08.30 y 10.00. Misas.
  • 11.30. Traslado de los patrones a la Praza da Muller.
  • 12.00. Misa solemne en la Praza da Muller.
  • 13.00. Charanga Santa Compaña.
  • 14.00. Concierto de la Banda de Música de Cee, en la Praza da Muller. Aforo limitado a 400 personas. Entradas en la Casa da Cultura.
  • 20.30. Concierto de la Banda de Música de Cee en la Casa da Cultura: aforo limitado a 225 personas.
  • 21.00. Misa
  • 22.00. Concierto de la Gallaecia Small Band en la Praza da Muller. Aforo limitado a 400 personas. Reserva de entradas, también, en la Casa da Cultura.