Pelos na lingua


O sábado, Toño Casais sufriu un accidente en Muxía, mentres se instalaba o escenario de Talía. Din que os artistas levan todo ao lombo, é a vida ambulante do que quere chegar a todos os recunchos e levar a maxia das historias tecidas. Un gremio, o teatro, que cada día ten menos adeptos.

Toño a min non me coñece persoalmente, estou segura. Mais eu si que o vin en persoa e sei perfectamente como traballa. Considérome, pois, unha fiel admiradora do seu labor.

Acórdome dun ano precisamente, el entre as comitivas das parroquias nas xornadas do Asalto ao Castelo, coas súas risas, pero tamén con esa mirada crítica, analítica, ponderando o ambiente. Gustoume moito tamén, no seu momento, a súa obra Pelos na Lingua. Unha obra provocadora, incisiva e cunha gran mensaxe de fondo: a confesión de amor dunha galegofalante á súa lingua nai. Os diálogos cara o público, impoñentes en primeira fila, con el vestido de traxe xunto ao seu compañeiro, Artur Trillo. Unha peza de teatro moi necesaria. Arrepíntome moito de non ir loar a todo o elenco ao finalizar a función, nese intre onde as luces se acenden e a xente se empeza a remexer nos asentos da Casa da Cultura. Non obstante, non me pesa, estou segura de que terei outra oportunidade, Toño volverá aos escenarios pronto. Un día, comentoume un estado nas redes sociais sobre unha das miñas pezas favoritas, O rei aborrecido, de Xesús Pisón, que acababa de ler. Un dramaturgo que aprecio ademais como mestre e persoa. Comentoume Toño que Talía empezara con obras de Pisón, entre outras.

Temos un café pendente cando te recuperes, Toño. Para falar do teatro: de Reixa, de Pisón, de Pazó, do Hamlet de Cunqueiro ou do mesmísimo Molière.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Pelos na lingua