Memorias


Tempo atrás, cando cadraba ter que facerlle unha entrevista a responsables de Castro Meda, ou a Quique Peón, ou a xente que traballaba recuperando cancións e bailes tradicionais que hoxe están incorporados nas actuacións de tantos grupos, parecíame un labor extraordinario, pero que só tiña cabida aí: na música, na memoria artística. Unha maneira de permitir que aqueles cantares de días de festa e romarías sigan vivos malia a que os tempos -e a xente- cambiaron tanto. E aí quedaba a cousa,

Pero non, o conto vai moito máis aló. Será pola vellez (a miña), pero creo que a memoria ten que ser de todo e de todos. A da música xa está en boa medida, pero hai que saír ao rescate das cousas miúdas, que son as máis grandes que temos no noso pasado. Eu, cada vez máis, non paro de preguntarlle a miña avoa, de 91 anos, por cousas que para ela son intranscendentes e ata cansinas. Como se chamaba a familia que vivía naquela casa, como era o camiño que había por esta leira antes da parcelaria, a onde marcharon os que construíron aquela vivenda no medio do monte. Onde mercaches este cribo e esta peneira, aquela colcha, eses pendentes e ese sagal. Que carreiros collías para ir a Baio e a Gándara, quen foi mozo daquela de alí e moza daqueloutro. Onde están (aínda o sei) a Telleira, a Uceira, a Landeira... Non anoto nada, porque nunca se escribiu isto: só escoito, atendo, apunto na miña memoria, fago mapas mentais do lugar, botándolle cemento a historias que xa sabía algo para que colen ben, herdando saberes que veñen de séculos, e que se van. Eu animo a facelo, ao que poida. Enche moito e só engorda o espírito.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Tags
Comentarios

Memorias