26M: As municipais | «Hai unha perda continuada de servizos públicos e estanse privatizando os poucos que aínda quedan», dixo o aspirante nacionalista á alcaldía de Corcubión
11 may 2019 . Actualizado a las 19:24 h.Xosé Ansede Estraviz ten 69 anos e é o candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á alcaldía do Concello de Corcubión. É a segunda vez que opta ao cargo. Cabe recordar que o BNG ten na actualidade os mesmos concelleiros (3) que o partido que goberna en Corcubión, o PSdeG-PSOE de Manuel Insua Insua. Ansede considera que esta é unha oportunidade histórica para que o partido nacionalista acade o bastón de mando. O programa político del BNG baséase na promoción do turismo como unha forma de fixar poboación e poñer a Corcubión na primeira liña na bisbarra.
-Como percibe o escenario político en Corcubión con vistas ao vindeiro 26 de maio?
-Vexo un escenario político dividido, con moitas candidaturas políticas para unha poboación pequena como ten Corcubión. Aínda así pensamos que temos o mellor programa electoral e somos a mellor opción para os veciños e pretendemos acadar os votos suficientes o próximo día 26, que nos permitirán gobernar.
-Como ve a situación, en xeral, do Concello de Corcubión?
-Entendo que se atopa nunha situación de mero trámite, con perda continuada de servizos públicos e privatizando os poucos que aínda quedan. Faltan ideas no goberno e tamén iniciativas e todo iso repercute dalgunha forma no retroceso da vila, que, por xente e situación natural e histórica, en cuestión de patrimonio, debería ser un dos concellos máis prósperos un referente da Costa da Morte
-Cales son os principais aspectos do programa electoral do BNG?
-Queremos dende o BNG converter o turismo no principal eixo de traballo e de desenvolvemento de Corcubión, ao través dun plan estratéxico, sostible, competitivo e responsable, coa posta en valor do noso patrimonio cultural e histórico. Executaremos obras e infraestruturas, algunhas delas tan importantes como a remodelación da Praza de Castelao, a construción dun albergue no centro do casco histórico para os turistas e peregrinos, e promoveremos a ampliación do paseo marítimo para unir Corcubión con Cee.
A favor / en contra
- Cadea perpetua revisable: En contra
- Aborto: A muller decide
- Investigados nas listas: En contra
- Traslado de restos de Franco: A favor
- Referendo Cataluña: A favor
- Acollida refuxiados: A favor
- Eutanasia: A favor, pero con control
- Cambio lei violencia xénero: Para mellorala, sempre
- Prohibición fumar praias e piscinas: A favor, son antitabaco
- Casco urbano a 30 km/h: A favor, por suposto
Preferencias
- A que hora se ergue?: Sobre as 8.30 da mañá
- Que almorza?: Zume de laranxa, leite... Un pouco de todo
- Prato preferido: Os percebes, as pastas
- Que non comería?: Can ou gato
- Bebida preferida: Cervexa sen alcol ben fría
- Equipo de fútbol: Os equipos galegos
- Que coche ten?: Un Ford Mondeo
- Unha afección: Camiñar
- Un lugar: O faro de Corcubión
- Que tarefas de fogar realiza?: Todas
Artes e letras
- Escritor favorito: Manuel María
- Último libro que leu: Presencia galega en Cuba, de Neira Vilas
- Última película que viu: Unha de Cantinflas, xa hai tempo
- Un artista: Castelao
- Un actor: Arthur Clarke
- Unha actriz: Isabel Risco
- Un cantante: Sés
- Tipo de música: Folk, principalmente
- Deporte que practica: Andar
- Unha viaxe pendente: Onde haxa sol e pouca humidade
A listaxe
1. Xosé Ansede Estraviz
2. Xosé Lois Lado Martínez
3. Rafael Xoán Mouzo Meizoso
4. Óscar Insua Lema
5. Emilia López Romero
6. Juan Alfonso Canosa Lago
7. Dulce María Canosa Trillo
8. Francisco Jesús Martínez Lema
9. Xunqueira Canosa Sanjurjo
Suplentes
10. Francisco Javier Domínguez Traba
11. Carmen María Romero Rodríguez
12. Pedro Lado Lema
13. Francisco Javier Paz Regueira
14. Paulino Castiñeira Trillo
15 Rafael José Mouzo Lago