A maxia do Nadal

Luana Fondo

CARBALLO

Cuarto premio dos Contos de Nadal 2018 | Luana Fondo, do colexio Labarta Pose (Baio)

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O último día da escola antes das vacacións de Nadal, a nosa mestra de cuarto de primaria ordenounos como tarefa algo que debiamos facer en grupo, e consistía en Compartir.

E así foi como un sábado á tarde Gloria, Flor, dúas das miñas mellores amigas, e máis eu, reunímonos para pensar o que iamos facer. Decidimos coller algúns dos xoguetes que xa non utilizabamos e pensabamos que a outros nenos lles gustaría ter. Tamén mercar algún cos nosos aforros. Cando xa os tiñamos todos xuntos, envolvémolos e metémolos nun gran saco. A noite de reis fomos disfrazadas dos tres Reis Magos cantando panxoliñas e entramos por sorpresa nun centro de nenos refuxiados que había preto das nosas casas. Estaban todos reunidos nunha gran sala. Nós pensabamos que había vinte ou trinta nenos, pero había moitos máis. Quedamos abraiadas, sabiamos que non ían chegar para todos. Fomos repartindo os xoguetes aos máis pequenos e a explicarlle aos máis grandes o sucedido.

Cal foi a nosa sorpresa? Que cada vez que buscabamos dentro do saco atopabamos un novo regalo, e así ata que cada neno recibiu o seu. Non podiamos crer o que sucedera, decidimos pensar que se trataba da maxia do Nadal.