Con bañador e botas de goma

lupe blanco

CARBALLO

MATALOBOS

Nova entrega a regueifa semanal da coristanquesa Lupe Blanco

09 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Vamos canta-la regueifa

que o teño que dicire

vouvos facer un repaso

que non quero aburrire

Empecemos cunha nova

na política insisto

que xa vamos ter xuntanza

dos que son novos ministros

Debería dicir ministras

por si vós non o sabedes

que neste novo Goberno

van mandare as mulleres

A cousa saíu sonada

perdonade que me meta

que ata o ministro de ciencia

tráeno doutro planeta

Vamos apostar por eles

e deixalos traballar

o que si que queda claro

é que van dar que falar

Se pasamos á comarca

Carballo é adelantado

que xa manda ós socorristas

anque está todo mollado

Empezan esta semana

non che é ningunha broma

van levar o bañadore

máis unhas botas de goma

Hai ganas de ir á praia

eso si que vén o creo

poden leva-la sombrilla

e tamén o chusvasquero

A ver se vén vindo o verán

que as festas fan ilusión

mirade para o noso cura

metiuse na comisión

Metiuse de presidente

no Corpiño e Santa Ana

a ver se recauda abondo

para trae-la Panorama

Eu vou ire acabando

un bico de corazón

tamén dou un consello

ide ás tapas a Caión.