«nvestigando o Instituto de Estudos Bergantiñáns a parroquia pontecesá de Langueirón, descobre unha das súas xoias artísticas: o retablo da Visitación», escribe Luis Giadás
10 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Investigando o Instituto de Estudos Bergantiñáns a parroquia pontecesá de Langueirón, descobre unha das súas xoias artísticas: o retablo da Visitación, na parede do Evanxeo ou esquerda do templo parroquial de San Xulián, coas figuras expresivamente barrocas da Virxe María e da súa curmá Santa Isabel, no intre da salutación polo mutuo embarazo. Retablo patrocinado por Alonso de Lema Osorio e María Jacinta de Añón y Becerra, os señores da Boutureira (Vitureira, coma se di hoxendía), no ano 1763.
Mais… ¿como xurdiu esta advocación tan pouco frecuente no arciprestado de Seaia?
Nos libros parroquiais de fábrica repítese a fundación desta capela, pola que paga a Casa da Boutureira catro ferrados anuais de trigo, daquela no lado da Epístola ou dereito, conservando aínda, na actualidade, a fermosa bóveda de crucería, de estilo gótico serodio:
«In Dei nomine, amén. Gonçalo da Buitureira (sic) y María de Casal, mandamos que, siendo Nuestro Señor servido de nos llevar desta presente vida, nuestro cuerpos sean depositados en la iglesia de San Gím (sic) de Langueirón, donde somos feligreses, en el cemiterio (sic) della, donde están sepultados los padres y abuelos y antecesores de mí. Donde, haviendo (sic) lugar, debe hazer (sic) la capilla que tiene ordenado. Queremos, y es nuestra voluntad, sea de la abocación (sic) de Nuestra Señora del Rosario y de Nuestra Señora Santa Ysabel (sic), conforme ya Gonçalo y Diego da Boutureira (sic), mi padre y abuelo, decían la fiesta y misas. Y no habiendo lugar comodidad (en la iglesia), mandamos se aga (sic), llebante (sic) e edifique arriba del Lugar da Boutureira, donde vivimos, en la qual (sic) queremos y es nuestra voluntad que se hagan y estén dos imágenes pintadas del Rosario y Santa Isavel (sic) y su Visitación con Majestad, imagen del Señor San Roque y del Señor San Mamed, que son todas cuatro, con un San Giao, que lo mesmo mandamos que se aga (sic), y mi vez se ponga a costa de los nuestros vienes (sic) para siempre jamás perpetuamente, decir una misa para siempre jamás. Sangím de Langueirón, 14 de marzo de 1604».
Esta sería a posible explicación da capela do pazo da Boutureira (o santo que Aurora Varela lembra vagamente, comesto pola pulla, fai sesenta anos).
As Salgueiras
Precisamente, Alonso e Jacinta, os mecenas do retablo, donan para o capelán da Visitación na parroquial, entre outros, o lugar de As Salgueiras (15 de xullo de 1765), xa que eran donos deste casar Francisco Antonio e Jacobo de Lema y Añón, pai e tío respectivamente do propio Alonso (o segundo era crego). Por iso, nas Salgueiras aínda permanece o topónimo O Pombal nunha leira enfronte das vivendas.