«Preparamos unha nova edición que terá tirada nacional»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

A libraría Punto e coma acollerá mañán a presentación da novela de Jacobo Ríos

18 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Jacobo Ríos (Ordes, 1970) continúa recollendo éxitos trala publicación, fai un par de anos, da súa novela El inmenso mar de los olvidados.

-Mañá estará por Carballo presentando a súa obra.

-Si, estarei ás oito da tarde nunha libraría que abriu hai moi pouquiño, Punto e Coma se chama. Levarei a obra que saquei xa hai un par de anos, pero qué mellor lugar para presentala que o corazón de Bergantiños, sendo cando a historia está inspirada na Costa da Morte.

-¿Qué novidades trae entón con «El inmenso mar de los olvidados»?

-Pois preparamos unha nova edición que terá tirada nacional da man de La Casa del Libro. O certo é que se vendeu moi ben por aquí, pero sorprendeume que me chamase o editor para levala a fóra de Galicia.

-Bastante satisfeito, entón, cos resultados que está tendo.

-Sobre todo ilusionado, porque non agardaba esta noticia. De feito tamén estamos ultimando a presentación en Madrid para finais de novembro ou máis ben a principios de decembro.

-¿Impón respecto dar o paso ao público nacional? ¿Confía ter boa acollida?

-Pois o certo é que non o sei, pero xa o feito de que se inclúa no catálogo de Nadal de La Casa del Libro para min xa é unha vitoria. Hai que pensar que son 350.000 catálogos que se van a distribuír polas principais librarías de toda España.

-¿Ademais deste lanzamento, está traballando en algo máis?

-O problema é que non teño demasiado tempo para escribir, pero algo si que teño entre mans. Non me gustaría avanzar moito, pero é algo moito máis persoal, non terá nada que ver coa ambientación histórica.