Lembranzas

Maxi Olariaga

CARBALLO

Supoño que lembrarán aquel lema que hai uns meses un autobús de Hazte Oír paseaba polas rúas de Madrid, Los niños tienen pene. Las niñas tienen vulva. Que no te engañen. E tamén que o concello da capital o neutralizou, baixo a escusa de que se trataba dunha campaña de odio (¿onde está o odio?), mentres que o presidente da plataforma católica o encadraba dentro do dereito á liberdade de expresión. Aínda que neste país iso é moi relativo segundo do que se trate, como, por exemplo, a choqueirada WorldPride da que hoxe non imos opinar, pero estas discriminacións son moito máis perigosas do que se pensa. Vexamos.  O 19 de marzo de 1936, Largo Caballero, líder socialista e da UXT, arengaba deste xeito: «Confederación de las nacionalidades ibéricas, incluyendo el actual protectorado de Marruecos, y reconocimiento de su derecho a la autoderminación política en todo instante, incluso a la independencia»; «Supresión de la lengua oficial, obligatoria, del Estado, e igualdad de derechos de todas las lenguas»; «Supresión del presupuesto al clero, confiscación de todos sus bienes, y disolución de todas las órdenes religiosas». ¿A que, nestes intres, se van entendendo certas políticas e políticos?  Nunha xuntanza do presidente da II República, Manuel Azaña, con líderes políticos de tódalas cores, acordaron instaurar entre abril e xuño do ano da sublevación do 18 de xullo unha ditadura republicana para, textual, ¡«salvar a liberdade e a democracia!». Como dicía o gran Diderot, tragamos dun golpe a mentira que nos adula e bebemos gota a gota a verdade que nos amarga. España está no mesmo perigo.