Propostas para gozar de luns a domingo

La Voz

CARBALLO

Hoxe

Ruta dos pinchos en Neaño. Celebrarase de 12 a 15 e de 19 a 22 horas co acompañamento ao mediodía do tren turístico e animación musical a cargo do grupo O Son do Castro.

Luns 5

Concerto do acordeonista Eloy Mato no centro de día (ás 16.30 horas).

Luns 5 a xoves 8

Obradoiros de cestería e exposición de traballo no centro arqueolóxico Dolmen de Dombate. De 10.30 a 14 e de 16 a 18.30.

Martes 6

O local social de Corcoesto acollerá un campionato de futbolín (15.00).

Mércores 7

Sesión de animación teatral na Escola de Vela coa compañía Os Quinquilláns e a obra Simbad e a Serea (12.00).

Xoves 8

Nova edición do Festival del Corais Tempos de Nadal. Actuación no Auditorio municipal (19 horas) das corais Virxe da Barca de Muxía, Bugallido (Ames) e Cesullas, que e a organizadora da velada.

Venres 9

Obradoiros de prehistoria en Dombate. Participarán alumnos do CPI As Revoltas e do CRA Os Remuíños. De 10.30 a 13.

Sábado 10

Afeccionados á regueifa de toda a comarca citaranse na Casa da Escola Borneiro par gozar destes tradicionais combates dialécticos. Ás 17 horas.

Domingo 11

Ruta dos pinchos en Canduas. Os sabores citaranse nesta ocasión cos locais de Canduas, de 12 a 15 e de 19 a 22. Os Farrapos poñerán música ao percorrido que fará ao mediodía o tren turístico.

Ata o domingo 11

Desde o venres ata o domingo da próxima semana o servizo de visitas guiadas ao dolmen desenvolverase de 10.30 a 14 e de 16 a 18.30 horas.