Galicia e os galegos, segundo Cabeza Quiles

La Voz

CARBALLO

O autor carballés reflexiona sobre a identidade na súa nova obra

28 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

«Galicia, o galego e os galegos» • 2016 • Editorial Toxosoutos • Fernando Cabeza Quiles • O investigador carballés Fernando Cabeza Quiles regresa ás librarías cunha obra na que aparca -aínda que non de todo- os seus habituais estudos sobre toponimia para dar forma a un ensaio co que pretende axudar a que Galicia «sexa revisada, visible e respectada». Doce capítulos (desde Galicia é unha nai velliña ata A vaquiña polo que valía) integran esta obra editada por Toxosoutos repleta de referencias históricas e mencións a outros autores, de épocas moi distintas, que abordaron xa o asunto da identidade e a idiosincrasia dos habitantes desta terra.