«Os compañeiros do colexio danme moitos ánimos e felicítanme»

m. r. / s. g. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Oca, en el programa.
Ana Oca, en el programa.

A rapaza de Cee pasou con éxito o terceiro programa que emite TVE

15 ene 2015 . Actualizado a las 15:43 h.

Ana Oca Vázquez, a rapaza de Cee que está trunfando en MasterChef Junior 2 de TVE, pasou con éxito o terceiro programa. Gustou o seu traballo, o risco e a súa forma de ser. Así que haberá que esperar ao vindeiro martes para saber se continúa ou non cara a final.

-¿Como levas o de facerse famosa?

-Non é para tanto tampouco. Non uso ese termo. Só é entrar nun programa e xa está.

-¿Que tal o estás pasando?

-Moi ben

-¿Como che deu por entrar en «MasterChef»?

-A historia de entrar en Master Chef foi algo diferente ao de querer entrar. Eu estaba tomando algo cuns amigos de meus pais e pregunteille a un que se me deixaba o móbil para apuntarme. De broma. Mandei un vídeo, eu cociñando, unha foto, presentándome, e logo chamáronme para dicirme que fose pasar os cástings.

-¿Que fixeches neles?

-O primeiro fora o máis fácil, porque tiñas que levar a comida da casa e empratala alí. Despois no mesmo día, tiñas que cociñar pola tarde, e tamén outras probas.

-¿Que pratos preparaches?

-No primeiro, un pastel de longueirón e galletas de broa. E, co ingrediente secreto, que foran os ovos, eu fixera uns ovos recheos, e despois salmón e outras cousas.

-¿Que é o que máis che gusta da tele?

-A telecomunicación é un mundo moi extenso. Gústame moito dirección artística, e de exteriores, os traballos para organizar todo, ter un bo ambiente. Non é fácil de preparar. Un día fomos a un sitio no que tiñamos que gravar ao seguinte. Non había nada. E ao seguinte, chegamos alí e estaba todo preparado: cámaras, vestiarios, perruquería... Todo. Non te imaxinas a sorpresa que levamos, por ser tantas persoas dun mesmo equipo que podían facer cousas tan grandes en tan pouco tempo.

-¿Cal é o teu prato favorito? Tanto para comer como para cociñar.

-Para comer, non teño nin idea. A min gústame comer de todo, pero ademais probei xa tantas cousas diferentes e que me gustaron tanto, que non teño nin idea. E en canto a cociñar gústame moito cociñar o risotto de pulpo. Está moi bo.

-¿Que tal estes días no colexio? ¿Que che din os compañeiros?

-Están contentos. Os compañeiros do colexio danme moitos ánimos e felicítanme, esperan que me saia todo moi ben. Creo que están eles máis contentos ca min.

-¿De onde viña o de «no seas como el de enfrente, sé diferente»?

-Facendo unha pizza. Eu collera os ingredientes máis comúns. Púxenme a preparala, e vin que tiña os máis fáciles. E pensei: como non faga algo diferente aos demais, vou para a casa. Primeiro quixen facer un saquiño, pero non se podía, estaba moi branda. E pensei e fixen a calzone. Pechei e xa vin que moi ben.

ANA OCA VÁZQuEZ cONCURSANTE DE MASTERCHEF JUNIOR 2

«A min gústame comer de todo, e en canto a cociñar, o risotto de pulpo. Está moi bo»