O home de Belén levantouse moi cedo, como facía todas as mañás do ano. Cando ía saír da casa, Belén pediulle que ese día non fose pescar, porque na radio anunciaban treboadas. Xosé, o home de Belén, dixo que tiña que ir igual, porque facían moita falta os cartos. A súa muller esperaba un neno. Entón Belén decidiu acompañalo, aínda que estaba encinta de sete meses.
Xosé e Belén saíron pescar. No medio do mar colleunos unha forte tromba de auga, había moito vento, chovía, e os raios parecía que lle ían caer enriba. Belén empezou a atoparse mal. Estaban preto da illa Lobeira. Xosé pensou que se poderían refuxiar no faro da illa. Cada vez tiña máis dor, o neno ía nacer. Xosé púxose moi nervioso, non sabía que facer. Belén dicíalle que estivera tranquilo, que todo ía saír ben. Deu a luz un precioso neno, e como estaban no Nadal decidiron poñerlle de nome Xesús.
Belén e Xosé estaban un pouco preocupados, porque non sabían con que tapar a Xesús. Non deixaban de pensar en como abrigalo, pero de súpeto, apareceu unha manta feita coa escuma das ondas, que parecía un fermoso encaixe de Camariñas. Cando na noite de Nadal nacía un neno, as ondas texían fermosas mantas de encaixe nas praias da Costa da Morte.
Xosé envolveu a Xesús nunha daquelas mantas e doullo a María. O neno recén nacido foi para Xosé e Belén o mellor regalo de Nadal. Nacera cun encaixe de escuma debaixo do brazo nunha das noites máis frías do ano. Os encaixes de escuma de Nadal non tiñan prezo.
Rubén de Ramón Ayala
Colegio Manuela Rial Mouzo (Cee)
Terceiro de primaria