A traca final do Teatro Lido

Manuel Rey
manuel rey CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

<span lang= es-es >Os lambóns, do Artai</span>. Criada Loliña, Criada Xordiña foi representada polos rapaces Borja Rey Andrade, Dylan Vicente Fernández, Paula Pereiro Suárez, Uxía García Vilanova, Leticia Limideiro Remuiñán, Alessando Arijón Álvarez e Alba Martínez Suárez.
Os lambóns, do Artai. Criada Loliña, Criada Xordiña foi representada polos rapaces Borja Rey Andrade, Dylan Vicente Fernández, Paula Pereiro Suárez, Uxía García Vilanova, Leticia Limideiro Remuiñán, Alessando Arijón Álvarez e Alba Martínez Suárez.

Radio Voz emitiu as últimas obras do concurso tras a gran festa do Pazo

18 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa se coñecían os finalistas e os gañadores das dúas categorías, pero aínda quedaban por emitir catro das vinte e seis obras participantes na catorce edición do Concurso escolar de Teatro lido Xosé Manuel Eirís, que organiza Radio Voz Bergantiños en colaboración co Festival Internacional Outono de Teatro.

A cortina do FIOT baixouse hai pouco máis de dúas semanas, pero as ondas de Radio Voz Bergantiños seguiron zumegando teatro durante uns días máis para dar conta do talento dos rapaces.

E algúns dos grupos participantes aínda non saíran nestas páxinas. Nesta edición, foron 26 obras (sete máis que no ano anterior), as que competiron polos seis postos da final.

Triunfos

O triunfo na categoría de menos de 11 anos foi para os rapaces de Misifú, do CEIP Fogar, coa súa obra O gato lambón, que fixo escachar de risa ao público do Pazo da Cultura na final celebrada o pasado día 9. Tamén do Fogar eran Os Lambidóns, que quedaron en segundo posto.

O terceiro lugar foi para os rapaces que formaron o grupo de Os Paxariños, do colexio Artai.

Os maiores deron igualmente a talla no concurso. Na segunda categoría, que agrupaba aos maiores de once anos, Os Bergantiñáns triunfaron con A consulta do doutor. O curioso diálogo do Té para dúas, do grupo Vagalume, conseguiu o segundo premio, mentres que un dos catro grupos do IES Monte Neme que interpretaron obras clásicas chegaron ata a final cunha enxebre readaptación de Romeo e Xulieta que eles converteron en Ramón e Xoana.

Moitas e moi boas obras que de seguro terán dignos sucesores na vindeira edición.

Entrega

A entrega de premios foi no Pazo da Cultura o día 9 de novembro. Os coñecidos cómicos Isabel Risco y Fran Rei exerceron de mestres de cerimonias e animadores dunha gala na que os seis grupos finalistas -do total de 26 aspirantes- deron vida a unhas pezas ideadas para ser radiadas, pero que algúns deles completaron caracterizándose como os personaxes aos que se representaron.