«Gustaríame poder traballar máis da escultura artística»

Manuel Rial

CARBALLO

O escultor vimiancés expón na Casa da Cultura as primeiras obras pétreas que foi realizando no seu obradoiro de Calo

03 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O comezo de Javier Lavandeira exponse en Vimianzo. Son os «primeiros fillos» deste rapaz de Calo que con 28 anos está decidido a continuar a tradición familiar dos Canteiros. A exposición pode verse na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de luns a venres desde as 9 da mañá ás 3 da tarde e os sábados de 9 da mañá á 1 da tarde.

-¿Por que actividade humanitaria destacou o Rubio de Camelle?

-Era percebeiro...

-¿Verbena ou foliada?

-Verbena. Non son moi de festa.

-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?

-O faro de Camariñas. Casei alí. Foi un pouco estraño por facelo nun lugar tan emblemático e que fóramos os primeiros en ter a voda alí. Tantos anos que está aí e ninguén se fixou nel.

-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?

-Onte á noite. Non teño moito tempo para cociñar pero non é algo que se me dea mal.

-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?

-A pataca.

-¿Un defecto?

-¿Un só? Que se poida dicir... Pois son despistado. Ao estar tan concentrado no meu deixo un pouco de lado á xente que me importa. A paixón absorbe.

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-Fisterra.

-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?

-O santuario de Muxía.

-¿Que libro está lendo agora?

-Consulto varios de arte. Ollo moitos libros de imaxes.

-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?

-A Cebola... ¿Pode ser?

-¿Un soño por cumprir?

-Gustaríame poder traballar da escultura artística, non tanto da canteiría de casas.

-¿Onde morreu Fernando Blanco?

-En Arxentina, ao mellor.

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

-Pode ter 108.

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Téxtil. Non vou moito á praia.

-¿Quen foi Evaristo Martelo?

-(...)

-¿Churrascada ou sardiñada?

-Churrascada. Sendo de Vimianzo...

-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?

-Aparte da súa saúde, o Prestige.

-¿Mar ou río?

-Mar. Sempre é máis bonito.

-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?

-Bergantiños, por dicir algo.

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-En Muxía. Tira máis cara á casa, está ao lado para volver.