25 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.
O tráfico rodado produce unha quinta parte das emisións do CO2 da Unión Europea. Estas emisións aumentaron un 26% durante o período 1990-2008.
Isto fai necesario un consenso urxente entre os fabricantes, os consumidores e os que teñen a responsabilidade de lexislar e regular a protección ambiental.
O recente acordo acadado no seo do Parlamento Europeo, o pasado día 24 de febreiro, vai nesta dirección, ao formular como obxectivo a redución de emisións dos 160 garmos por quilómetro actuais, ata os 95 gramos no horizonte do ano 2020.
Benvido sexa este acordo.