Tomadura de pelo

La Voz

CARBALLO

anta Mariña, Arou e Camelle son o único, verdadeiro centro da Costa da Morte: é certo que non son moi «bonitas» as casetas, pero fan un servizo imprescindible. Ademais, con algo de gusto e un pouco de pintura, desaparece o impacto visual e daríalle alegría ó entorno, cunhas cores mariñeiras.

¿Que fixo ata agora o Concello de Camariñas ó respeto?

A estupidez, tomadura de pelo, incluso ilegal deixadez, e o de «Técnicos de Costas inspeccionan que se levanten tal y como estaban». ¿Por que non van á «tocaia» Santa Mariña de Niñóns, a mirar o uso que se lle dá ás casetas oficiais que fixo Costas, e quen e que son os verdadeiros usuarios? ¿Ou ó Portiño do Lago (enfrente)? ¿Por que non van ó Portiño da Tella, en Beo-Malpica, crimen enorme de Administracións locais e estatais, e dalgún «findesemana» pegado ás casetas de pesca?