Unha derrota colectiva

Óscar Rey

CARBALLO

31 oct 2013 . Actualizado a las 07:10 h.

Dende que teño uso de razón, estou farto de que, un por un, proxectos relevantes para o desenvolvemento do meu pobo, morran coa mesma facilidade coa que nacen. O Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte estaba despegando, pouco a pouco, traendo xente a Corme, sendo un referente cultural en todo o país. A súa morte pode ser a morte de moitas esperanzas postas en Corme. Pode ser a morte das esperanzas dun futuro que moita xente esperaba de nós. Eu non quero espertar deste sono, e espero que todo se solucione da mellor maneira posible. Non quero máis resignación nin un «sempre pasa o mesmo». Xa sei que a moitos daralle igual, pero a morte do MAC será unha derrota colectiva que se volverá a manifestar cada vez que alguén decida ser bo e xeneroso na nosa terra.