O Calendario do Libro 2013 lembra a Gonzalo López Abente

A Secretaría Xeral de Cultura recorda o 50 cabodano da morte do autor muxián

<"> la voz < span>

Como autor homenaxeado o próximo ano co Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño é o gran protagonista do Calendario do Libro e da Lectura 2013, pero na próxima edición desta publicación da Secretaría Xeral de Cultura tamén hai un oco importante para un autor da Costa da Morte.

Así, entre as 16 datas «significativas» escollidas polos responsables do calendario aparece o 50 aniversario da morte do escritor muxián Gonzalo López Abente, falecido o 23 de xullo de 1963. A elección non é baladí, posto que segundo explican desde o departamento autonómico, co calendario pretenden precisamente «contribuír á difusión destas efemérides e animar, ao mesmo tempo, á planificación de actuacións que promovan o interese polos libros e polas nosas letras». No caso de López Abente, desde a secretaría xeral esperan promocionar a «súa obra poética».

Outras das datas sinaladas recollidas son os aniversarios do nacemento de Rosalía de Castro, Manuel Lugrís Freire e Francisco Fernández del Riego, e a celebración dos días internacionais da poesía, do teatro, do libro e das bibliotecas, entre outros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O Calendario do Libro 2013 lembra a Gonzalo López Abente