30 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
Baixo o nome de Rompe a rutina, o Concello de Dumbría preparou para o próximo mes un variado programa de actividades culturais que se achegarán a todas as parroquias.
Teatro, artesanía, obradoiros, música e exposicións son algunhas das propostas que desde o 6 de decembro (as primeiras paradas serán en Buxantes e no Conco) ata o 4 de xaneiro (en Olveira) se irán sucedendo polas distintas instalacións culturais do municipio.