A danza da intimidade dunha parella

La Voz

CARBALLO

A cor das mapoulas é o título do espectáculo de danza contemporánea que Estefanía Gómez e Ángel Montero levaron onte pola tarde ao auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. Os bailaríns da compañía de danza Catro conversaron cos seus corpos acerca da intimidade dunha parella coa idea de que tanto o home posúe una parte feminina como a muller unha masculina. foto ana garcía