«Máis que pescador son un mollador de miñocas»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

24 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Bieito Romero é un histórico de Luar na Lubre, un grupo que, malia a crise, ten uns 40 concertos este verán. Aínda así, Romero aproveita o «tempo de lecer» entre un e outro erguéndose cedo, «con moita enerxía». A súa relación ca Costa da Morte vén de atrás «porque din clases de gaita en Malpica e, como amante da etnografía, adoro a zona». A nivel musical, nos discos de Luar na Lubre sempre hai referencias á zona (dolmen de Dombate, o faro do Roncudo, o Ara Solis de Fisterra ou as dunas de Baldaio). Tamén está moi ligado á Carballeira de Zas e vai pescar a Corme e a Malpica. «Máis ben son mollador de miñoca», di, e que ten unha colección «dunhas mil boias».

-Comida e bebida.

-Ensalada completa e sidra.

-Praia favorita.

-Baldaio (Carballo).

-Non sae da casa sen...

-Un bolsiño, que é unha característica da miña imaxe.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor son as mañás. O peor, o sono do mediodía.

-¿Romarías ou verbenas?

-Eu son moi de noite, aínda que as de romarías tamén me gustan.

-Gasta pista con...

-Non son bailador e non coñezo as cancións do verán.

-No verán infórmase con...

-A Internet é unha boa fonte de información.

-A viaxe deste verán.

-A Frigiliana, a 50 quilómetros de Málaga, na serra.