«A política é coma unha droga»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Fondo espera revalidar o que sería o seu quinto mandato consecutivo

12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Arquitecto técnico de profesión, José Luis Fondo Aguiar aspira ao seu quinto mandato consecutivo. O líder do PP de Ponteceso di sentirse coa mesma ilusión que cando comezou no mundo da política, alá polo ano 1991.

-¿Non se cansa de estar en primeira liña de batalla?

-Que va. Para min a política é como unha droga, engánchate de tal forma que non te solta. A min pásame.

-O PP obtivo no 2007 a maioría absoluta por un escaso marxe de cen votos. ¿Teme perder a alcaldía?

-Nin moito menos. Teño a plena confianza de que seguirei outros catro anos máis se os veciños así o desexan.

-A presenza de APIN e Terra Galega, ¿prexudica os intereses do PP?

-Ao contrario, non vexo problema algún para reeditar a maioría absoluta.

-Se non sempre queda o BNG para pactar. O seu candidato non descartou un acordo con vostede se os programas electorais coincidisen.

-Teño claro que non vou a pactar con ninguén, salvo cos veciños de Ponteceso, que son a miña prioridade. O resto é falar por falar.

-¿Nos últimos días saen a escena cuestións persoais como que vostede non reside en Ponteceso. ¿Que ten que dicir?

-Nacín e teño o domicilio fiscal en Ponteceso, ao igual que os meus fillos; ademais fun 14 anos presidente do Ponteceso. Outra cousa é que por circunstancias da vida e de traballo resido na Coruña, pero síntome pontecesán polo catro costados. É máis, a diferenza doutros candidatos no tiven que empadroarme aquí para presentarme como cabeza de lista.

-¿De que se sinte máis orgulloso destes catro anos?

-Da licitación do porto de Corme e da creación da Fundación Eduardo Pondal.

-O Plan de Ordenación do Litoral aínda colea. De todo o que dixo, ¿arrepíntese de algo?

-No vou a cambiar un ápice a miña postura. Deixei ben claro que o POL non afectará nin a núcleos rurais consolidados nin a solos urbanos. O que ocorre é que a oposición pretende enganar aos veciños con falacias sen argumento algún. E reitero que o futuro plan xeral permitirá ampliar as edificacións en aqueles lugares que ata o de agora non se podía. Iso é así de sinxelo.

A favor

En contra

A favor

Prefiro falar de unións civís

A favor, dentro dos marxes actuais

A favor

En contra

En contra

A favor

Con contrato de traballo, ao igual que os galegos que marcharon fóra.

Como de todo

Ribeiro

Auga

Percebes de O Roncudo

A robaliza

Un BMW 320

Non

O Dépor

Teño moitas afeccións pero, sobre todo, prefiro a lectura

Miguel Delibes

El Proceso, de Kafka.

Desayuno con diamantes

Miguel Ángel

Robert de Niro e Suso Lista

Audrey Hepburn

Frank Sinatra

Melódica e folk

Españoles por el mundo

As cataratas do Iguazú, nas que estiven, e os parques naturais de Canadá