Aposta por poñer en marcha medidas para fomentar o emprego
11 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.En contra salvo excepcións
En contra
A favor
A favor
A muller é quen ten que decidir. Estou a favor
En contra. Hai alternativas
Nin brandas nin duras
En contra
A favor con fins humanitarios
A favor. Nós fomos emigrantes
A zorza, mellor de porco celta
Ancas de rá
Rioja
Coca Cola con Ballantines
Os percebes
Lubina
Un Renault Megane
Deixeino hai catro anos, agora respírase mellor
O Barcelona
Os deportes
Manuel Rivas
O lápiz do carpinteiro
Mar adentro
Messi
Mourinho
Penélope Cruz
Arrebato
Pop e rock
O canal 24 horas
Gustaríame ir a Arxentina, teño familiares alí e aínda non fun
Antonio Miñones Riveiro (Vimianzo, 1966) encabeza por primeira vez a lista do PSOE en Vimianzo, unha formación que viviu tempos convulsos no actual mandato.
-¿Que supón presentarse con Alejandro Rodríguez noutro partido?
-Supón facer borrón e conta nova. El decidiu coller outro camiño, coido que o equivocado. É empezar de novo.
-¿Pode pasarlle factura electoral ao PSOE?
-Na xente que é do PSOE non debe repercutir, aínda que imaxino que si arrastrará a algúns. Esperemos que a poucos.
-¿Como é agora a relación co alcalde?
-Politicamente non existe, pero a amizade, como con outros candidatos, mantense. Hai que saber diferenciar política das relacións persoais. Se Alejandro navega noutro barco, que lle vaia ben.
-Tanto el como o PP falan xa de evitar un tripartito.
-Votar a IxV é como votarlle ao PP. Só hai que mirar as listas, os de un partido van no outro e ao revés. No PSOE temos un 98% de xente nova e sen presións ou, en todo caso, presión para que non viñeran con nós.
-Preséntase para gañar. ¿Se non dan as contas haberá pactos?
-Eu só me debo ao PSOE. Pero, chegado o caso, se non hai maiorías, si hai que chegar a un acordo, chegarase, pero só con partidos progresistas.
-¿Foi difícil tomar a decisión de presentarse tras tantos anos co actual alcalde e, ademais, con outro candidato do PSOE?
-Nós tiñamos dúas opcións e a militancia elixiu que fora eu. No PSOE hai democracia. Alejandro asegurou que non se ía presentar e ao final fixoo. Creo que non tiña pensado facelo, pero houbo outras circunstancias que o obrigaron a facelo.
-¿Que pasará coa casa da cultura?
-Foi o máis complicado da campaña. Eu ignoraba que se fixeran obras de máis. Supoño que ao final, se o di o xuíz, acabará pagándose.
-¿Que leva no programa?
-Sobre todo un plan de emprego. Conseguir algún obradoiro, melloras en educación e cultura, abrir o centro de día. Somos realistas. Non falamos de levar iates a Cereixo.
antonio miñones riveiro candidato do psoe de vimianzo