Conclusións serias e pensadas no acto


A clave da regueifa está na improvisación e, sendo Bergantiños terra dela, o Encontro de onte pechouse así. O Caruncho e Lobariñas, ademais de facerlle algunha copla ao deputado Bieito Lobeira, que se achegou a Carballo, resumiron o dito con moito ritmo: o importante traballo das formiguiñas, como dixera Carlos Callón; o relevante de coidar o idioma «minuto a minuto», día a día; de abandonar complexos e prexuízos; de traballar en equipo; de que o galego de cada comarca é bo galego aínda que sexa diferente; de cambiar iso de haxa centros galegos nos que nin o 9% fale nesa lingua; da contradición de non saber o galego e querer aprender o inglés; do traballo dos concellos; da coordinación; da loita e da motivación pola identidade de Galicia. Entre volta e volta, agradeceron á organización e despedíronse ata o ano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Conclusións serias e pensadas no acto