«Un 30% dos cancros poderíanse chegar a evitar»

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO/LA VOZ.

CARBALLO

Mariño Cotelo ofreceu onte no seo da Semana dos Avós a conferencia «Como prever o cancro»

20 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A decimoterceira Semana dos Avós de Carballo incluíu na xornada de onte unha charla organizada pola Asociación carballesa contra o cancro. Impartiuna o xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterapéutica do Centro Oncolóxico de Galicia, Alfonso Mariño Cotelo (Carballo, 1959).

-O nome da súa charla xa desbota a crenza ás veces asumida de que non hai nada que facer contra a chegada desa enfermidade.

-Un 30% dos cancros poderíanse prever ou evitar. Hai factores ambientais ou hábitos de vida, factores de risco cos que estamos en contacto cada día que teñen moito que ver coa aparición dun cancro: o tabaco, a obesidade, o sedentarismo, o exceso de exposición ao sol, unha contaminación excesiva do o medio ambiente...

-Sabe que na rúa, a xente de a pé opina iso de que «Agora todo é cancro, antes non había tanto».

-É certo que así o cren, pero iso explícase porque antes non se diagnosticaban tanto. E estamos falando de antes con respecto a 20 ou 25 anos atrás. Cos sistemas que hai agora, pódense diagnosticar antes e aí está outra das claves: un diagnóstico precoz ou, como di a xente e está ben dito, «coller os cancros a tempo», eleva moito as posibilidades de que o tratamento sexa efectivo. E temos un exemplo, xa que hoxe [por onte] é o Día Mundial contra o cancro de mamam no feito de un 90% dos casos diagnosticados de forma temperá se curan. Tamén é certo que outros tumores son moi agresivos.

-¿Segue habendo ese medo por parte da xente a facer probas?

-Seguindo co exemplo do cáncer de mama, sábese que un 20% das mulleres en idade de facer as mamografías, entre 45 e 60 anos, pois non as fan. Din iso de que «é mellor non sabelo», pero non é certo. Por tanto, son dúas as claves: a primeira, evitar factores de risco e, a segunda, someterse ás probas con regularidade. Escondendo a cabeza como as avestruces non se consegue nada. O cancro non deixa de ser un problema, menos grave canto antes se colla.

-¿Hai diferenzas segundo sexa home ou muller?

-En España, os cancros que máis afecta aos homes son, nesta orde, o de pulmón, próstata e logo os de colon e recto. Nas mulleres, o máis padecido era o de mama, pero agora sófreno moitas de pulmón, case tanto coma de de mama. Nese sentido, con respecto ao de pulmón, case hai agora unha equiparación entre homes e mulleres e iso pode explicarse porque elas pasaron a fumar moito, mentres que eles foron deixándoo. É unha demostración de como afectan os hábitos na xeración dun cancro.