Envía tus cartas a redac.carballo@lavoz.es ?o a la dirección ?Calle Gran Vía, 84, s/n, 15.100. Carballo
Nestas datas estase a ollar na prensa a intención por parte da Xunta de facer un complexo de muíños no Concello de Carballo e A Laracha, concretamente na zona de Lema e Baldaio. Unha parte da poboación sabemos que este lugar está protexido pola Lei de Costas e, ademais, é un sitio onde existen numerosas especies de aves.
Datas atrás, os grupos políticos do Concello de Carballo estaban na súa maioría en contra do proxecto. De feito, temos un deputado autonómico bergantiñán que tamén o rexeitaba e que forma parte do novo goberno. Segundo se está a ver, creouse unha agrupación de veciños que se opoñen, asesorados por un letrado. Suponse, igualmente, que haberá xente a favor, pois por un anaco de terra danlles unha boa presa de cartos a algúns deles e, nos tempos en que estamos, é de entender a súa postura. Por outra banda, isto traería consigo, segundo a miña humilde opinión, máis perdas que beneficios: o ruídos, os campos electromagnéticos, o feísmo e, sobre todo, os efectos sobre as aves. De igual maneira, acabaríase coa zona en canto a desenvolvemento de infraestruturas de cara ao sector turístico. Esperemos que os nosos gobernantes fagan un fronte común e acaden a postura axeitada para seguir contando cunha grande área natural e animal. As xentes que se opoñen non están soas en isto, pois esta é unha parte da xeografía que axuda a medrar a grande beleza da nosa terra. Jesús Deus Gende.