11 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Hoxe remata a estancia de seis días que levan a cabo un grupo de nenos da vila francesa de Treize-Septiers en Cabana. Para a última xornada está programado un percorrido pola zona que inclúe o mirador de Monte Branco, a praia de Balarés, o Monte do Faro de Brantuas e o Cabo Roncudo. Despois dunha mañá intensa, os rapaces comerán no colexio e pasarán a tarde coas familias. Ás 22.00 horas partirán.