Todos coñecen a José Parga Eiroa (Cesullas, Cabana, «máis de 40 anos», pero non di cantos) como El Parga. Pero iso rematou.
-¿Como se vai chamar logo?
-A partir de agora voume chamar El Tío Pío. O motivo é que todo mundo xa me chama así, especialmente fóra e Galicia. Aquí, os que queiran que sigan con El Parga. Fóra téñenme dito que El Parga é difícil de pronunciar.
-«El Tío Pío» é un tema seu.
-Exacto, tivo moito éxito e xa me quedou ese nome.
-¿Que actuacións ten preparadas?
-A próxima será este venres 25 no pub 07 de Vimianzo, pola noite. Hai por aí algo tamén en Vilagarcía.
-¿Cando o volveremos a ver na televisión?
-Para este venres estaba prevista e emisión dun especial de Tú sí que vales , en Telecinco. Estiven alí e gravei. Pero onte dixéronme que, por falta de tempo, a miña actuación, e outras, van quedar fóra da emisión.
-Na radio leva moitos anos...
-Oito ou máis, en Radio Voz, no programa Corre Carmela que chove. Estou encantado con el, a xente é marabillosa e facemos un bo equipo.
-¿Que outros proxectos ten?
-Presentar unha canción para optar a Eurovisión. Xa a teño composta, falta gravala. Titúlase Los Piratas Franking James . É pop-rock, á guitarra, con algo de trompeta. Cantareina en castelán e, máis adiante, en inglés.
-¿Por que o de Franking James?
-Non significa nada especial, son dúas palabras que se me ocorreron. A canción está moi ben.