O fisterrán Modesto Fraga levou a poesía da Costa da Morte ata a localidade ourensá de Castrelo do Miño
CARBALLO
O poeta fisterrán Modesto Fraga Moure ofreceu o sábado na localidade ourensá de Castrelo do Miño unha charla coloquio sobre a poesía da Costa da Morte, invitado no seo das actividades da asociación Nacionalistas do Ribeiro. En aproxidamente noventa minutos, Fraga aproveitou para ofrecer unha panorámica da nómina de autores que na actualidade conforman o espectro literario da nosa comarca, como Miro Villar, Estevo Creus, Miguel A. Mato, Marilar Aleixandre, Paco Souto, Rafa Villar ou María Lado, sen esquecer as figuras de persoeiros como Eduardo Pondal, López Abente, Enrique Labarta Pose ou Antón Zapata. Valéndose da antoloxía De Pondal ao Batallón literario, 120 anos de poesía na Costa da Morte esbozou tamén o imaxinario poético da comarca e presentou o proxecto de Google Earth e do Consello da Cultura Galega no que se presentan algunhas das súas liñas. Lembrou a abondosa actividade do Batallón nos 90 e, para rematar a súa intervención, Fraga algúns poemas propios