07 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
O Concello de Coristanco tamén o ten todo preparado para a celebración do Entroido. Farao o vindeiro día 27 cunha festa especial para os máis pequenos que animará a compañía Duende Sico. Será no pavillón municipal a partir das seis da tarde e haberá talleres de maquillaxe, tatuaxes e globoflexia, ademais dunha zona chea de inchables. Ás 19.45 horas comezará o desfile infantil e ás 20.00 horas sortearanse agasallos entre os participantes. Unha hora máis tarde comezará a festa para os adultos, na que participarán a charanga Ruada e a orquestra Los Almirantes. Ademais, no concurso de disfraces repartiranse máis de 800 euros en premios.?