«Foi unha aposta con risco, pero saíu ben»

S. G.

CARBALLO

Na Costa da Morte funcionan numerosos establecementos de turismo rural, pero fai dez anos non era así. Daquela, todo estaba empezando. Un dos primeiros en apostar pola zona foi Casa Curiña, en Dumbría. Tras uns anos de oferta parada, empeza a renacer. O último en sumarse á lista foi a casa de turismo rural Santa Uxía, xunto ao encoro do mesmo nome. E antes, en marzo do 2007, abriu o restaurante e hospedaxe rural As Pías, en Olveiroa (onde funciona tamén o albergue de peregrinos). O seu dono é Francisco Cousillas Couto, natural de Corcoesto (Cabana).

-¿Que tal leva vai o negocio?

-Moi ben, de momento. Foi unha aposta con risco, pero saíu ben, e iso que ao principio tiñamos moitas dúbidas. Eliximos este pobo porque nos gustaba moito.

-¿Como cambiou Olveiroa?

-Moito. Este cambio é unha marabilla. Estanse rehabilitando casas, os de fóra queren comprar aquí, a mellora foi tremenda. Hai unha cantidade enorme de hórreos. Ademais, é un punto moi importante de paso e parada de peregrinos, e isto é moi importante para todos.

-¿E iso nótase na clientela?

-Pois si, temos moitos clientes da zona, pero tamén de moi lonxe, incluso da Coruña. Á xente gústalle vir aquí, e gústalle a cociña que facemos.

-¿Cre que hai futuro apostando polo mundo rural?

-Hai futuro se se fai ben. Temos que fomentar os nosos valores, que so moitos en cultura, en paisaxe, en historia. Incluso en situación. A cidade está moi explotada. É certo que agora aquí estanse facendo moitas cousa, pero eu penso que se poden facer incluso máis.

-¿E ve o turismo como motor de desenvolvemento de Dumbría?

-Está claro que o pode ser.