Calixto Vázquez Añón foi durante 19 años secretario da asociación de veciños de Serantes, en Laxe, unha das máis activas da zona.
-¿Por qué deixou o seu cargo?
--Estaba canso, son moitos anos de deixar de lado a familia e o traballo pola asociación. Hai que deixar paso á xente nova. Os que levamos tempo anquilosámonos.
-¿De qué está máis satisfeito?
-De todo, de moitas cousas, do local que fixeron os veciños no seu tempo libre, de toda a xente que pasou por aquí, dos grupos de baile, da escola de música e dos seus profesores, de todo o que fixemos en xeral, pero tamén, agora que está cerca o Nadal, de organizar o primeiro belén vivinte da Costa da Morte. Foi no ano 88 e hasta hai dous anos non faltamos nunca, pero houbo un momento que quedamos sen nenos. Chegamos a organizalo para o Concello, en tres parroquias.
-A súa é unha das entidades máis antigas da zona.
-Houbo unha época na que se crearon moitas. Creo que se mantivo porque ademais das cousas tradicionais das asociacións de veciños empezamos coas actividades culturais. O máis importante foi a escola de música que existía cando na Costa da Morte so estaba o Conservatorio Elemental de Carballo.
-Dúas veces foi concelleiro e presidente da entidade ¿Foi difícil?
-Non, porque na asociación hai xente que moi diversa cor política, mesmo na directiva. Nós cedemos o local nas eleccións ao PP e ao PSOE e iso que eu ía por Terra Galega.