«As corrompelas son moi evidentes»

La Voz

CARBALLO

O líder nacionalista denuncia un trato de favor, por parte do alcalde respecto a algunhas persoas e empresas. «Nas contratacións municipais as corrompelas son moi evidentes e as obras municipais repártense entre as tres empresas afíns. De todos xeitos, isto non chega para explicar a mala xestión, nin o emprego electoralista que se fai do diñeiro».

Vázquez lamenta que os proxectos se retrasen indefinidamente. «As iniciativas máis importantes para Coristanco levan enriba da mesa dende que nós entramos no corporación fai doce anos e non se produciu ningún avance, cando moitas desas cousas como a galescola e o polígono industrial, xa podía estar resoltas». Para el, esta é a clave da descenso electoral do grupo de goberno. «O cambio xeneracional nótase e a compra de favores xa non funciona. Parece que grazas a isto o alcalde está empezando a reflexionar, pero polo momento só temos atrancos para a participación».