O Concello de Corcubión súmase ao programa de Preescolar na Casa

La Voz

CARBALLO

Corcubión é un dos concellos da Costa da Morte que apoia o programa de Preescolar na Casa, un servizo educativo dirixido a pais de nenos de idades comprendidas entre os cero e os tres anos e que lles permite participar estreitamente na educación dos seus fillos dende as idades máis temperás.

A presentación da iniciativa levarase a cabo o vindeiro xoves 27, ás once da mañá, na Casa da Cultura. Preescolar na Casa pon a disposición das familias unha serie de medios materiais, e tamén ofrece asesoramento sobre outras cuestións de interese, como hábitos de sono, o uso do chupete, a alimentación ou a adquisición da linguaxe, entre ouras.