A danza moderna chega aos escenarios de Carballo e Laxe co espectáculo «Móve-T» de As Driadas
CARBALLO
11 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
carballo | Entre as propostas culturais da fin de semana destaca a presenza da compañía As Driadas por partida dobre na comarca. Onte estivo no xardín municipal de Carballo para ofrecer Móve-T, un espectáculo de danza contemporánea no que se mestura o hip-hop con outros estilos como do funky e os bailes latinos. A compañía coruñesa repite hoxe, neste caso na vila de Laxe. O escenario da súa montaxe será a praza de Ramón Juega, onde actuará a partir das oito da tarde. Tanto en Carballo como en Laxe, a oferta musical da fin de semana é máis ampla. Mentres na capital de Bergantiños estaba prevista para onte pola noite a actuación de Mercedes Peón, na vila laxense celebrarase mañá (19.00 horas) o Día de Exaltación da Gaita Tradicional Galega.