Reivindican cun festival de música o «V» para Balarés

La Voz J. V. L. | CARBALLO

CARBALLO

CASAL

O Mirador | Música con causa A asociación xuvenil Monte Branco ten preparada unha festa para a noite de san Xoán, coa que pretende que se cambie o topónimo co que se coñece esta vila de Ponteceso

16 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A praia de Balarés, en Ponteceso, acollerá o vindeiro 23 de xuño un festival de música para reivindicar que o nome do lugar se escribe con «v» e non con «b» como sinala a toponimia oficial. A iniciativa está encabezada pola asociación xuvenil Monte Branco que pretende empregar este acto lúdico para dar a coñecer o orixe do termo, co obxectivo de que sexa rectificado por parte da Deputación da Coruña, que é administración competente. Aínda que a festa xa se vén realizando dende o 2003, os membros da organización pretenden que esta edición supoña un salto cualitativo en canto á calidade das actividades ofertadas. Para iso teñen preparado unha completa escenografía baseada na música e no lume que se presenta como unha alternativa de ocio para a noite do san Xoán. O cartel estará encabezado por Galegoz e Dios Ke Te Crew, dous grupos rompedores do panorama galego actual. O espectáculo vai estar garantido con unha serie de performance e malabares que xunto á variada oferta musical van alargar a festa ata o amencer. A banda Galegoz constitúese como tal en febreiro do 2006 animados pola boa acollida do tema Galician Chimpanzee. O seu son mestura bases electrónicas con reggae, funk e soul salpicado por letras combativas, irreverentes e incluso surrealistas. Dios Ke Te Krew naceu en Ordes no 2003 a partires da fusión dos grupos de Hip Hop 5Talegos e Ghamberros. A súa heterodoxa posta en escena aglutina a grafiteiros, breakers, dj¿s e mc¿s que pintan, bailan, pinchan e rapean no escenario. O aval dos intelectuais O topónimo Balarés provén do termino vallem arenense: val areento, que fai referencia a orografía da zona. Intelectuais como Suso Lista e Fernando Cabeza avalan as reivindicacións en pos do cambio do «b» polo «v» baseando en argumentos etimolóxicos. Mesmo a Consellería de Cultura, a de Innovación e o Concello de Ponteceso apoian a celebración do acto.