QUEIXEIRA
24 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ortensia Arcay é gandeira profesional é queixeira ocasional. Ten unha granxa con 20 vacas na parroquia de Soandres, en A Laracha, e moitos xoves de mercado e domingos de feira aproveita para vender os queixos en Carballo. - ¿Dende cando elabora os queixos? -Dende sempre. -¿Canto é iso? -Vinte anos. -¿Por que os fai? -Facemos o queixo cando pasamos da cota, para non pagar multa. Temos que tirar o leite ou facer queixo. -¿Canto tempo teñen os que trae a vender? -Un mes máis ou menos. -¿Como aprendeu? -A conta do leite. -¿Que quere decir? -Fun probando. -Ata que din co xeito de facelo queixo perdín moito. É como a costureira cando empeza a cortar. -¿É rendible? Porque se cadra é mellor que vender o leite. -Dá moito traballo -¿Que lle bota? -Sal, callo da farmacia e leite. -Tamén intervirá na calidade do queixo os bos pastos que teñen en Soandres. -Tamén porque a herba nosa é moi boa. -¿É boa época para os queixos ou hai que agardar ata o inverno? -A mellor época para o queixo de aquí son os meses fríos.