«Nunca tivemos tantos apoios como neste momento»

La Voz E. E. | CEE

CARBALLO

Entrevista | Manuel Antelo Pazos O nacionalista propón a creación dunha fundación cultural

03 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O BNG acadou nas municipais de 1999 dous edís. Nas seguintes tres, e no 2007 Antelo, o candidato nacionalista, espera superar esa cifra para converter o partido na forza maioritaria. Se é así, avanza que gobernaría en solitario con acordos puntuais. -¿Ve viable esa posible maioría? -Nunca tivemos tantos apoios como neste momento. Nas últimas eleccións iniciouse un claro declive do PSOE, e nos últimos catro anos someteuse a un gran desgaste, cunha incapacidade para xerar ilusións e autoestima na cidadanía: existe a sensación de que Vimianzo vai detrás da maioría dos concellos. -¿Como valora os últimos catro anos? -Foron positivos pola xestión da Xunta. Acadamos o parque empresarial e a residencia da terceira idade, dúas cousas vinculadas á área de goberno nacionalista. Na política municipal o balance é negativo: estamos sen PXOM, cun gasto desmesurado en privatizar servizos sociais, con desigualdade de oportunidades para traballar no Concello e con contratación de obras no entorno familiar do alcalde. -Unha proposta... -Unha fundación para a xestión integral do patrimonio histórico e arqueolóxico.