Para todos os gustos

La Voz

CARBALLO

Música | Carballo e A Laracha

02 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? oferta de música en vivo da comarca deparou para esta fin de semana tres propostas do máis diversas. As actuacións comezan esta mesma noite no pub carballés La Tentación, onde os ferroláns Goldeneye renderán tributo a Tina Turner interpretando versións dalgúns dos seus temas máis coñecidas. Mañá, en A Laracha, serán os ordenses Dios que te crew, os que suban ao escenario do D'Antón para demostrar que a lingua de Rosalía tamén é apta para o hip hop e as rimas máis acedas e transgresoras. O concerto forma parte da súa xira Maila nai ke te pariu. O abano de concertos pecharase o sábado, de novo en Carballo, (pub La Reserva) cunha nova descarga de heavy metal. O recital suporá, ademais, o debut dunha nova banda local, Fuzquenlla, que se suma ao nutrido grupo de formacións da comarca que se encadran na extensa órbita do rock.