www.lavozdegalicia.es/Bergantiños Coristanco En Coristanco xa temos algunha concelleira, iso si con dedicación exclusiva, que é unha muller de moita valía e traballa moito a muller oh, pero si teñen que vir máis coma ela é mellor que queden na casa. Carmen. Fisterra Todas (que non todos) sabemos o difícil que é conciliar a vida familiar coa laboral. Todas buscamos traballos adaptados ás nosas circunstancias, ou ben de media xornada ou ben de xornada completa coa axuda das nosas nais, que son unhas santas, ou das nosas parellas. Pero que podemos esperar en Fisterra dun goberno onde das tres mulleres, dúas non teñen fillos, o alcalde e o outro concelleiro tampouco (nin sequera teñen parella), un é xubilado e outro ten un, pero non vive aquí senón en Santiago. E a concelleira restante, afortunada ela, tivo un fillo este ano, que comparte co seu home en turnos, xa que os dous traballan no mesmo sitio, e non en Fisterra precisamente. ¿Que podemos esperar as demais mulleres traballadoras nas casas, fóra dela e interesadas na política local? É vergonzoso non contar cunha gardería neste pobo. María Canosa . Vimianzo Un exemplo de integración feminina é o da lista do PSOE de Vimianzo. Todas moi noviñas e a ver canto interveñen. Son mans que se levantarán facilmente á primeira orde de Alejandro. Claro que en postos de saír van os de sempre. Se non fose pola idade seguiría indo o Cafallo de segundo. Así vai Antonio Miñones, que tamén fará todo canto diga Alejandro. L. García. Nunca están conformes Os do non nunca están de acordo con nada. Se non van mulleres é que non van. Se van, que non ocupan os primeiros postos. A ver cantas mulleres levan eles na lista como leva o PSOE: xente con futuro e con moito que dicir. María Mouzo.