Xosé María Lema presentará en Vimianzo o libro sobre onomástica

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

O historiador vimiancés Xosé María Lema Suárez presentará o día 16 (Salón Caribe, 20.00 horas) o seu libro Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). No acto tamén participará Gonzalo Navaza Blanco, presidente da Asociación Galega de Onomástica. Esta iniciativa forma parte das propostas do Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do patrimonio cultural da Costa da Morte. Neste traballo, Xosé María Lema indaga sobre os nomes masculinos de Berdoias, unha parroquia peculiar porque a maior parte das familias vivían en casas e traballaban en terras como arrendatarios. O libro é tamén unha homenaxe ao párroco Ramón Romero Carril por defender os dereitos dos seus fregueses.