¿Qué desea que le traiga el nuevo año para su concello?

La Voz

CARBALLO

10 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

www.lavozdegalicia.es/bergantinos Respecto por Galicia A todos aqueles que renegan de ser galegos, que se avergoñan de ser quen son, que queren ocultar as súas raíces, pídolles que teñan memoria e que lembren que o PP cando gobernaba na Xunta, no ano 2004, aprobou por unanimidade no parlamento galego o Plano Xeral de Normalización Linguística. Daquela, igual que hoxe, Alberto Sueiro era parlamentario autonómico e gustaríame preguntarlle por que non asume os seus compromisos e actúa con coherencia, xa que deixa que a extrema dereita, disfrazada de demócrata, faga antigaleguismo nas filas do PP. Juan Fariña. Coristanco Simplemente pido que se faga algo. En Coristanco nunca houbo un alcalde que mirara polo pobo, nin antes nin agora. Non se limpan as rúas, non se abren rúas novas, non se fan beirarrúas, podes aparcar un coche non medio da rúa que ninguén vai preguntar por que está alí, e se ven un policía a multarte, pois a falar con don Si e xa cha saca. Isto é un desastre. José.?