A visita dos Magos rematará con festas en varias localidades O Concello de Laxe falla o concurso para elixir as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar
04 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Os Reis Magos xa están na Costa da Morte. Por diante teñen unha longa fin de semana na que recorrerán todos os recunchos da zona. Pero hoxe é o día de máis actividade, xa que terán que facer 26 percorridos. Carrozas, cabalos, tractores e coches son algúns dos seus medios de transporte. . Os Reis chegarán a Zas ás seis da tarde e recorrerán a vila en carrozas ata chegar ao centro sociocultural. O Mago Pablo animará a festa. . O recorrido comezará ás 18.30 en Tella e continuará media hora despois na capital municipal. Corme recibirá aos reis ás 17.00 horas no Alto da Costa, e ao remate do percorrido, arredor das 19.00, haberá unha chocolatada na carpa da praza da Ribeira. . A comitiva partirá da praza ás 17.30 para chegar a Caión ás 18.00. Desde alí sairá ata Paiosaco (19.00). Despois volverá á capital municipal para participar nunha festa no pavillón (20.00). Laxe . Tras o fallo do concurso de carrozas (15.30), os Reis Magos deixarán o centro social de Traba para visitar todo o municipio. Ás 18.00 haberá unha festa na praza dos voluntarios. Vimianzo . O Concello será o punto de partida (9.30) dunha cabalgata que se prolongará durante todo o día ata rematar, ás 19.00, no pavillón, onde tamén estará Chrystian Magic. Camariñas . O percorrido real comezará ás 12.00 na capital municipal. Cee . Os Reis visitarán as rúas a partir das 17.00, despois de estar na gardería (16.00) e no hospital (16.30). Ás 17.00 serán recibidos na praza e despois irán ao centro comercial Finis Terrae (19.00). . Tamén a vila muxiá e as súas parroquias recibirán hoxe a visita real. . Muiñoseco (11.00) será o principio do percorrido matinal. Xa pola tarde, ás 15.00 en Lume de Suso iniciarase unha nova viaxe, que rematará no edificio de servizos múltiples (20.00), onde haberá festa desde as 18.00. . O pavillón municipal será escenario dunha tarde festiva con xogos (16.00), a visita real (20.00) e a actuación do Mago Romarís (20.30). A cabalgata será mañá. Fisterra . Despois da visita ás aldeas (desde as 12.00) os Magos pasarán nas súas carrozas por Sardiñeiro (16.30) antes de dirixirse ao porto (19.00). Malpica . O porto (19.00), o local social de Seaia (19.30) e Buño (20.00) serán as escalas da primeira xornada da ruta real polo municipio.