¿Está tratando bien la Xunta a la Costa da Morte?

La Voz

CARBALLO

El proyecto de Orzamentos de la Xunta para el 2007 destina 6,7 millones de euros para carreteras y autovía. Cerca de cuatro millones a infraestructuras portuarias, diez para el polígono carballés. En total, 30 para la zona. ¿Es suficiente? É fácil de saber Facendo contas é fácil saber se a Xunta trata ben ou non á nosa costa. ¿Hai potencia enerxética suficiente para incorporar grandes empresas? ¿Hai máis agora que co anterior goberno? ¿Fíxose algo nos últimos anos que suba a renda e nivel de vida? ¿Temos autovía? ¿Temos algún porto con futuro? ¿Alguén pensa parar aos capitalistas urbanísticos? ¿Dende cando saben en Madrid que a Costa da Morte existe? ¿Ata cando os galegos imos depender da teta de Bruxelas? Como din na miña terra, os contos non enchen. Miguel Carril. Castro perdices Para a Xunta de Galicia, estea quen estea no Goberno, pois xa tiveron en Madrid, Santiago, Deputación e concellos coas maiorías totais os dous grandes partidos PP e PSOE, a Costa da Morte non somos máis que unha rara avis especie en vías de extinción , ou sexa, unha estirpe esquecida que quedamos aquí tipo indíxenas , para cuidarlle a segunda vivenda aos que agora veñen de fóra a relaxarse do estrés acumulado e de paso limpar os montes dos toxos para que no verán a bisbarra presente unha bela panorámica. Con respecto á industria, a verdade é que somos inconformistas, estannos entrando centos de camións cisterna de cemento e ferro cada semana e vendo como crece o noso litoral e aínda non estamos de acordo. Estannos facendo un tanatorio cada quilómetro, e tampouco estamos ledos. Logo queda a industria dos cemiterios, que a medida que a poboación vai a menos, os nichos van a máis e seguimos protestando. Pero, ¿que é o que queremos, meus? A verdade é que somos malos de contentar, pois tráennos cadáveres cada semana a enterrar a nosa costa, as campás tocan a morto cada tres días. ¡Pero se estamos creando algo inédito no país! Algo que debiamos patentar con marca rexistrada: «Para enterros típicos A Costa da Morte». A Xunta pensa máis do que nós cremos, eles saben que dentro de dez , quince ou vinte anos, aquí non quedamos xa ningún indíxena nado da Costa. Entón, prevendo isto, están xa repoñendo con forasteiros para que a bisbarra non quede deserta. Logo serán os novos inquilinos os que coidarán de coller o toxo dos montes, polo da nova lei sacada da manga de algún inxenuo político que non se deu conta que os máis grandes terreos, foron e seguen sendo deles, dos que sempre estiveron no poder e seguen estando. Á marxe diso, paséannos en coche de excursión a miúdo con previo mitin de entrante para a suculenta comida-baile. Lévannos a Fátima, a Lourdes e a sunsuncorda... e aínda nos queixamos. E non digo máis por hoxe, só que para maio xa votaremos felices a cambio de catro perdices. Suso de Basilio . Fuera de sospecha Fuera de sospecha puede ser el título de hoy [por ayer] tras el artículo que se publica en La Voz sobre las iversiones para nuestra comarca. Y a ellos mismos no le cuadran las cuentas. Ayer en unas de las opiniones se nombraban algunas de las actuaciones que hoy este periódico pone en duda que se tenga interés en realizar. Mírense centros de salud, etcétera. Y de 30 millones, diez para el polígono de Carballo. Los señores del Bloque tendrán la cara de presentarse en Fisterra, Corcubión, Muxía o Cee. Le contarán que piensan hacer de ellos el nuevo reducto celta. Si esto es parte del plan de dinamización con el qué piensan que regresen los jóvenes, ¡miña nai! José Marcote. Opiniones en www.lavozdegalicia.es.