El proyecto de Orzamentos de la Xunta para el 2007 destina 6,7 millones de euros para carreteras y autovía. También hay cerca de cuatro millones a infraestructuras portuarias en la Costa da Morte. La partida más elevada corresponde al muelle comercial de Brens, que arrancará, después de años de espera, con una inversión inicial de 1.293.103,45 euros. ¿Trata bien la Xunta a la Costa da Morte? Menos subvencións, e máis... Nin este nin, por suposto, os anteriores gobernos da Xunta trataron ben á Costa da Morte. Fronte á manipulación interesada que está a facer o, non sei como chamarlle, ¿cecais asociación? ¿supra asociación? ¿multiasociación?, voume a quedar co nome de ente, chamado Neria, sobre a extensión xeográfica da Costa da Morte, que eles fixan segundo lles convén dentro de determinados concellos, nos que, por certo, nunca figura Carballo nin A Laracha. Outros estamos convencidos de que a Costa da Morte vai desde Caión ata Fisterra. Todo é susceptible de discusión e diálogo, pero non de exclusión sistemática. O demais é comenencia e papeo para xestionar os distintos fondos que lles son adxudicados a este territorio. Plans leaderes, agaderes ... son xestionados miserable e inxustamente por asociacións e entidades creadas que o único que fan ben é intentar colocar ditos fondos. Cartos aquí chegaron, é certo que non os suficientes, nin sequera a décima parte, pero coma sempre foron mal xestionados por intereses particularistas que nada teñen que ver co interese xeral. Estamos fartos dos Xoáns, Pedros, Carlos, de quenda que o único que buscan é o seu propio papeo fácil colocándose nestes entes e cobrando uns soldos astronómicos. Non entendo como se poden dar 50.000 euros a tanatorios que non crean nin un só posto de traballo, e poño este exemplo porque é público. Non entendo como se despilfarran os cartos que nos xiran outros europeos que si pagan os seus impostos, non coma aquí que todo o que pode defrauda ao fisco. Eu persoalmente oín dicir «oxalá houbera outro Prestige , por nunca tantos cartos tivo a xente». Creo que aquí estamos intentando vivir do conto das subvencións. Que temos un Prestige , subvención; que arden os montes, subvención; que veñen as riadas, subvención. É coma se a xente esperase a que viñesen as catástrofes para cobrar a subvencións: tranquilos Papá Estado do Benestar se encarga de todo. Non se trata de ser insolidarios nin moito menos, pero cando un monta un negocio ten na súa man concertar unha póliza de seguro para cubrir a responsabilidades propias e alleas, pero claro é máis fácil que papá Estado central ou autonómico nos subvencione. ¿E os traballadores que gañan con iso? O de sempre, gañar 600 ou 700 euros ao mes, e que os empresarios sexan cada vez máis ricos, porque, non nos enganemos, aquí na Costa da Morte hai miles de traballadores que traballan dez horas diarias e seguen sen ter vacacións e mentres os sindicatos e a inspección tanto de Facenda coma de Traballo mira para outro lado. Resultado: os mozos fuxen para outros lares onde teñen soldos máis dignos e onde os explotan menos. Cando un ten un monte ten a obriga de coidalo e limpalo. Cando un intenta facer unha casa xa sabe o risco que corre se a fai á beira do río. E non vaimos acudir ao de sempre: ¡Que non lle desen licenza! Todos sabemos de sobra que nesta Galiza cada un constrúe practicamente onde lle peta. Calquera goberno de calquera cor vaino ter fastidiado por estes lares mentres a mentalidade socio-cultural e empresarial non cambie radicalmente. Esta nosa Costa da Morte (insisto: Carballo e A Laracha incluídos, pese a Neria e a quen sexa) necesita que se lle dea a volta co de dentro para fóra, que se inicie un cambio estrutural, empezando pola propia mentalidade da xente que nela habitamos, porque de seguir como ata agora seremos unha zona subdesenvolvida para sempre. S. Rei. Pesimista Os que estaban antes leváronnos polo camiño máis lento, con respecto ao resto da costa galega, houbo unha catástrofe e de repente, montóns de inversións, e proxectos, ate se fixeron estradas no medio do monte, que non digo que non as merezan, senón que xa tiñan que estar feitas. Agora chegaron estes, que son dous presidentes que non conseguen facer por un e arrasan con todo o que se ía a facer, e alongan no tempo, o que xa tiña que estar feito.E as inversións, escapan para Portugal, Asturias, ou sexa, para outros lares, animadas polo mal trato dos que nos ¿governan? Mentres, a diferenza entre o sur e o norte é cada vez máis insalvable. Polo tanto, non podo máis que poñer nesta nota a protesta miña e de moitos compañeiros/as miñas de traballo a nosa opinión é que nos desprezan . Pili Sendón . Analizando Facendo unha analise dos presupostos que presenta a Xunta para o vindeiro ano e despois da presentación do plan de dinamización que dou a coñecer a bombo e platillo o señor Touriño estou por pedir unha cita no psiquiatra. ¿Por que? Pois moi sinxelo. Penso que estou oíndo voces, Explícome: oín voces que contaban que na Costa da Morte íanse empregar 500 millóns de euros nun plan de dinamización que incluía unha autopista, un peirao para Brens, polígonos industriais, centros de saúde... Por iso digo que tiven que oír voces. Porque cando un le os presupostos aparece a realidade un millón para o muelle cando vale 12, seis millóns para a estrada cando vale unha burrada, o polígono subvenciónase o de Carballo. ¿E a Costa da Morte? ¡E se foxe! Que nos desprazamos 140 quilómetros ida e volta todos os días por carretera para conseguir un traballo. O outro día saíu un sindicalista solicitando que se empecen as obras do novo centro de saúde de Fisterra e que se declarasen de urxencia, pois el mesmo dicía que fai máis dun mes se entregaran os terreos por parte do Concello. ¿Que pasa? Na Xunta importa a cor política do Concello e secuestramos ao cidadán a sufrir. Estes son os plans dinamizadores. Estou de acordo que todo necesita un tempo, pero non se pode permitir e a burla con estes investimentos ¡non hai obra que arranque! Recorden que aos que gobernaban botáronos, e agora están outros Non me vale que estivesen 16 anos ¿Queren dicir que temos que esperar outros tantos? F. C. Opiniones en www.lavozdegalicia.es.