IN MEMORIAM | O |
29 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.SE HAI persoas na historia de Carballo que chegan ao corazón, unha delas foi, sen dúbida, Francisco Pena Antelo. Fanito . Tiven a sorte de gozar do seu cariño, da súa amizade e dun trato exquisito. Con Fanito iamos de viños polas rúas de Carballo, desde o Chorís ata onde fixese falta. Foron horas que serán para sempre memorables. Deixounos unha impronta de excelente e boa persoa. Sempre o lembraremos con aquel seu inxenio, a súa memoria que poderiamos dicir que era a memoria de Carballo, da súa xente... ¡Que maneira tiña de falar dos veciños de Carballo! Sempre entre nós Lamento a súa marcha coa esperanza daqueles que aprecio, que nunca desaparecerán, que sempre estarán entre nós porque nos deixan tantos recordos e tanta obra ben feita, tanta intensidade vivida... O máis que se me ocorre é confesar sen ningun pudor que o quixen moito. Este compañeiro da vida déixanos para ir ao lugar que verdadeiramente lle pertence: o ceo.