Parabéns ao BNG de Vimianzo Protexamos o noso patrimonio natural. Non podemos deixar que en beneficio de catro, que ao final son os que se levan a tallada, acaben co que é de tod@s. Alejandro, defende os intereses dos teus veciños e non os do capital. Daniel Oca . Imposible Ou Penedos ou canteira, nunca as dúas cousas. Vós veredes. Cando o cobo sexa ben grande, pode ser que o poidamos utilizar como piscina, non hai mal que por ben non veña, xa o decía Franco, e logo Alejandro. Fernando Leis . Protexamos os Penedos Parámonos algunha vez a pensar por que A Costa da Morte nestes últimos anos está a ser destino turístico dun número importantes de persoas? O turismo do futuro busca tranquilidade, sosego e contacto coa natureza. Isto é o que pode ofrecer A Costa da Morte. Se Santiago ofrece aos turistas: historia, monumentos, museos e cultura. Nós ofertamos unha costa virxe, uns espazos naturais cheos de vida, unhas formacións xeolóxicas únicas como son os penedos, e unha rica e variada gastronomía. Estes ben naturais son os nosos monumentos, pero non son ilimitados, nin inesgotables, senón sensibles e doados de destruír. Os penedos de Traba, Pasarela e Braño, son un dos grandes galanos co que nos agasallou a natureza. A súa conservación é compatible cun desenvolvemento sostible, pero xamais se podería xustificar a instalación dunha canteira que altera gravemente o medio natural. En Galicia abunda o granito en grandes cantidades. Hai zonas nas que se pode explotar sen destruír espazos naturais de grande valor. Por que logo a explotación dunha canteira nun dos espazos emblemáticos da Costa da Morte? Quizais os intereses comunitarios que din defender os impulsores da canteira, sexan máis ben particulares que doutro tipo. Xan Fernández Carrera. Rotundamente non A apertura dunha canteira neste paraxe natural sería destrozar parte do noso patrimonio natural, algo que sería irrecuparable. Ademais, quen é o ser humano para destrozar algo que leva aí milleiros e milleiros de anos? Deixemoslle seguir o seu curso natural e disfrutemos da beleza que nos ofrece este conxunto paisaxístico. Fina Bastón . Opiniones en www.lavozdegalicia.es (edición Bergantiños)