Entrevista | Rafa Villar
12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Un dos efectos máis visibles do accidente do Prestige foi o xurdimento dunha corrente crítica que se canalizou a través da plataforma Nunca Máis. Tamén por ela pasaron os anos e agora replantéxase o seu futuro. Eso si, mentres haxa Prestige, haberá Nunca Máis. Así o asegura o seu voceiro, o ceense Rafa Villar. -¿Como se ve hoxe a situación da Costa da Morte? -Hai duas preguntas que hai que facerse, unha é se están superadas as secuelas do fuel, e a outra é se estamos preparados para o seguinte, e a resposta é, nos dous casos, negativa. Hoxe o risco segue a ser altísimo, con 13.000 barcos con mercancías perigosas pasando cada ano fronte aos 1.200 kilómetros de costa galega. -¿E como se valoran as promesas de inversión feitas ata o momento? -O Plan Galicia entraba dentro do lavado de cara político, nunca nos cremos o que contaban. Antes, ademais, nunca escoitaron as nosas propostas, agora polo menos xa nos reciben no Goberno. -¿Que queda por facer? -No seu momento non se planificaron os efectos económicos nin medioambientais, nin se fixeron plans de continxencias. Hai que redefinir o modelo de salvamento marítimo cando se traspase a competencia, ten que haber medios materiais e ten que ser público, sen perder tempo en negociacións en caso de accidente. -¿Como é Nunca Máis tres anos despois e cal é o futuro que lle espera? -Ao principio o máis importante eran as mobilizacións, desde o último ano, sen abandoalas, cremos que había que traballar más en propostas concretas. Nós entendemos que as nosas actuacións están centradas no tema do Prestige, máis adiante haberá que redefinir cousas. -¿E cando rematará o efecto do accidente? -En tres catro anos deberían estar encauzadas moitas cousas.